miércoles, 16 de febrero de 2011

Actividade 10


FASE A-Análise visual
1. É unha unha fotografía de publicidad de Chesterfield.
2. En canto ó encuadre e á angulación, a imaxe atópase de maneira frontal en forma de rectángulo.
3. Nesta imaxe vese a un ex-presidente dos Estados Unidos Ronald Reagan, tamén actor e protagonista dalgunhas películas 'de vaqueiros', conclusión, un personaxe famoso e importante, patrocinando a marca Chesterfield, unha das marcas máis famosas de tabaco internacionalmente. Nesta imaxe aparece Ronald cun cigarro da marca 'Chester' na boca e cun sorriso na cara, que indica que un bo tabaco. Aparece tamén na imaxe como asina as caixas de tabaco, e nese mesmo anuncio deséxalles a todos unhas felices festas de Nadal con Chesterfield.
4. Utilízanse cores alegres e chamativos, e resaltan sobretodo o vermello e o verde, que son as cores principais do Nadal. Ten moita luz e vese que é unha imaxe clara e fácil de entender.
5. Nesta imaxe si que aparece un texto que di: "I´m sending Chesterfield to all my friends. That´s the merries Christmas any smoker can have Chesterfield mildness plus no unpleasant after-taste” que traducido é “estou enviando Chesterfield a tódolos meus amigos. Neste feliz Nadal calqura fumador pode ter a suavidade de Chesterfield e non é nada desagradable”, facendo así unha boa publicidade e incitando á xente a fumar o tabaco Chesterfield, e ca súa firma.
6. O produto ou o logotipo de donde se atopa é nun tipo de oficina ou nun despacho, podendo ser na sua casa, con adornos de Nadal por detrás, facendo así unha boa publicidade de que é bo para fumar en calquera parte.
7. Que o tabaco da marca Chesterfield é bo, e como no anuncio explica é suave e pódese fumar en calquera lugar, e como é transmitido por un actor moi famoso e ao mesmo tempo un dos expresidentes dos Estados Unidos, fai que a xense te fixe máis e lles incite máis a fumar Chesterfield.
FASE B-Análise comprensivo
1. Este anuncio máis ben vai dirixido para os adultos (maiores de idade), para a xente que lles está permitido fumar legalmente.
2. A estratexia usada é que na imaxe aparece Ronal Reagan, un actor bastante famoso e tamén un dos expresidentes dos Estados Unidos, é un personaxe coñecido por tódolos norteamericanos, e iso fai unha boa publicidade. Outra estrategia é o color e a forma da que se atopa Ronald Reagan, cun sorriso que nos transmite que o Chesterfield é unha boa marca.
3. Neste anuncio non hai ningún tipo de competencia, a pesar de que Chesterfield ten moita competencia cas demais marcas de tabaco.
4. Chesterfield é a mellor marca de tabaco do mundo, a que pode facer feliz.
5. Eu penso que este anuncio ten unha boa imaxe de publicidade con ese personaxe tan famoso, porque os que o ven “queren ser coma el” e tamén fumar Chester. Ten moita iluminación e o sorriso de Ronald Reagan fainos pensar que se sinte ben fumando esa marca de tabaco. E tamén os adornos de Nadal faille ter ao anuncio un bo ambiente de felicidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario