miércoles, 26 de enero de 2011

Actividade 8

ACTIVIDADE 8

Entra no seguinte enlace:
http://guias.bicgalicia.es/v2/nuevo/asp/individual/home.asp

Contesta as seguintes preguntas:

Busca a seguinte información na Guía de oportunidade de negocio relacionada coa actividade CATERING na comarca de Ferrol
Utiliza esta folla de Word engadindo as respostas despois da correspondente pregunta, cando teñas feito todo o exercicio crea unha conta en www.box.net para subir este documento e facer un enlace a el dende o teu blog. Tamén deberás imprimilo porque será corrixido na clase o mércores 26-01-2010

1. ¿Que é unha empresa de catering? Pon un exemplo.
As empresas de cátering son aquelas que se dedican a subministrar comidas e bebidas no lugar designado pola clientela. Realizan alimentación colectiva, entendendo como tal aquela que se elabora para un número determinado de comensais superior ao que comprende un grupo familiar.
Un ejemplo de este tipo de empresas en Ferrol é Catering Caranza (Ferrol)


2. ¿A quen vai dirixida esta actividade, quen son os clientes?

1. Comedores e cafetarías de:
Institucións sociais: dende residencias da terceira idade, centros de menores, de mulleres, de diminuídos físicos ou psíquicos, etc., de titularidade tanto pública como privada.
- Institucións sanitarias: hospitais e centros sanitarios públicos, que xeralmente se adjudican mediante concurso público. Ademais, estarían todas as clínicas e hospitais privados de Galicia.
- Institucións militares.
- Outras institucións: colexios, residencias universitarias e calquera entidade que teña un
comedor e requira dun servizo de comidas.
- Empresas.
- Compañías aéreas e ferroviarias.

2. Comidas e tapas de cafetarías que carecen de cociña.
3. Eventos puntuais:
- Eventos organizados por organismos públicos: servizos de restauración de congresos, de actos públicos e entregas de premios, organizados pola Xunta, as deputacións, os concellos, etc.
- Pequenos eventos: exposicións de artistas, inauguracións de comercios, presentacións de
produtos de empresas, etc.
- Eventos de particulares, xa sexa a pequena escala (calquera tipo de celebración familiar) ou de maior índole (vodas, comuñóns, bautizos, etc.).


3. Dos clientes anteriores, algúns asinarían contratos de un ano ou máis tempo ¿cales serían?
Os comedores escolares e de empresa xa que as carpas ou pazos so serían para ocasións especiais, ao igual que as vodas. Tamen incluímos as comidas e tapas de cafeterías e as institucións sociais, hospitais, exército, campamentos de verán...


4. ¿Que factores son claves para unha empresa dedicada á alimentación colectiva?
Os factores clave para o éxito dunha empresa dedicada á alimentación colectiva son:
 Hixiene na manipulación, presentación e servizo.
 Seguir as normas da alimentación equilibrada.
 Ter unha variedade de menús ampla (capacidade de sorprender).
 Ofrecer unha presentación atractiva.
 Manter a temperatura axeitada (non romper nin a cadea de frío nin a de calor).
 Contar con persoal formado na cociña.


5. ¿Canto pode facturar (ingresar) unha empresa deste tipo? ¿A canto poden ascender os gastos?. Logo ¿Cal será o beneficio anual (lembra que o beneficio é a diferenza entre ingresos e gastos)?
Unha empresa deste tipo pode facturar entre 185.000 € e os gastos poderían ascender a 161.345 €
O beneficio é de 23.655 €.


6. Características básicas da empresa (instalacións, persoal, investimento)
Para unha empresa de catering é necesario un local de entre 100 e 200 metros cadrados. En canto o persoal e a estructura organizativa encontramos:
-Un xerente, que pode ser o propietario
-Dous cociñeiros
-Un axudante de cociña.
É necesario un investimento de 79.308 €  , os gasto máis importantes son, normalmente, o gasto de persoal e o aluguer do local.
Necesítase a adquisición de maquinaria de cociña e de transporte de alimentos, polo que se precisa un grande investimento e, sobre todo, loitar contra a falta de costume que teñen os cidadáns en xeral, non como grupos sociais, ao uso deste tipo de locais.


7. É un negocio en expansión ¿Por qué razóns?
O mercado galego do cátering segue unha evolución crecente debido, sobre todo, a dous factores: o aumento da profesionalización e o cambio de cociñas en autoxestión a cociñas xestionadas por empresas de cátering.
A maior parte das empresas están situadas na bisbarra de Ferrol xa que é a zona con maior poboación.
A tendencia neste sector é de crecemento, aínda que comeza a moderarse para o mercado galego nos últimos anos, establecéndose en taxas de crecemento con respecto ao ano anterior de menos do 4% .En 2007
increméntase nun 6,75%, pero en 2008 volveu ser do 3,65%.


8. ¿Como se dan a coñecer este tipo de empresas?
Este tipo de empresas poden ter como ferramentas promocionais o boca a boca, anuncios en xornais, tarxetas, calendarios,...
Ademais dos sistemas de promoción de carácter formal (imaxe corporativa en tarxetas, vehículos, anuncios en publicacións, etc.), o boca a boca é o modo máis efectivo para a obtención de novos clientes.


9. ¿Quen leva normalmente as actividades de contabilidade, nóminas e impostos?
Normalmente o xerente que leva a contabilidade son as empresas externas coma as asesorías.


10. Normalmente ¿Qué forma adoptan este tipo de empresas en Galiza: Sociedades Anónimas, Limitadas, Cooperativas, Autónomos,…?.

Case todas as empresas da área de Ferrol, Eume e Ortegal están constituídas como empresas autónomas non societarias (27 en Ferrol, 5 en Eume e 5 en Ortegal), coa única excepción de 3 empresas ferrolás que están constituídas como sociedades limitadas e 7 que teñen outras formas. Polo tanto, a nivel agregado podemos dicir que case o 80% das empresas da zona son persoas
físicas.


11. ¿Como podes estimar o tamaño do teu mercado nesta zona? (non o copies todo fai un breve resumo).
Para estimar o tamaño do mercado debemos de ter en conta: o tipo de clientela á que van destinadas os servizos que se ofrecen nunha área urbana e descubrir a través de inquisas se as súas necesidades están cubertas, se están satisfeitos,...
Nesta zona o mercado non é moi grande porque a penas si hai empresas de este tipo, habería posibilidade en 5 cafeterias descontestas, un colexio e dous hospitais.


12. Dentro do cadro de:
a. Ameazas.
b. Oportunidades.
c. Puntos fortes.
d. Puntos febles.
Escolle as dúas que consideres son as máis importantes. Na clase preguntaremos o porqué.
“Estacionalidade se non diversificas” e “Pouco poder negociador das empresas
Provedoras” porque as persoas queren servizos innovadores e se a relación cos proveedores non é boa o negocio pode pechar.



13. ¿De que forma pagan normalmente os clientes?.
A forma máis habitual de pagamento dos clientes é ao contado. Tamen poden pagar a man ou por transferencia bancaria, talón...Pagan un sinal antes do inicio da actividade.


14. ¿Como  se lles paga normalmente aos provedores?
Os pagamentos repártense por igual entre ao contado e aos 30, 60 ou 90 días.



15. ¿Cantas empresas de catering había na comarca no ano do estudio?
O estudo realizouse entre o ano 1999 e 2007 e o último dato que se recolliu é de 37 comedores colectivos na bisbarra de Ferrol.


16. Normalmente as Sociedades (empresas con varios socios) son empresas de maior tamaño que as Persoas Físicas (montadas por unha soa persoa). ¿Cantas das empresas de catering da comarca son Sociedades?
Máis do 47% das empresas de catering da comarca constitúense como sociedades limitadas, seguidas polos autónomos, co 36,32% do total. Sociedades son 3 pero hai outras 7 que son diferentes.


17. ¿Como é o local no que se desenvolve esta actividade? ¿Qué zonas tería?.
O tamaño do local no que se desenvolve a actividade oscila entre 100 e 200 metros cadrados. As zonas nas que se divide son: unha cociña duns 80 metros cadrados e o resto do espazo repartese entre almacén, baños, unha zona de vendas e mesmo unha pequena oficina.


18. Para adquirir a maquinaria do local o texto di que unha boa opción sería adquirilos mediante “leasing”. Busca en internet o significado de esta palabra (pon unicamente un significado que entendas e sexa entendible para todos os teus compañeiros).
Leasing: pagar unha cantidade ao mes pola maquinaria ou outras instalacións e poder renovala sen necesidade de vendela, traspasala...



19. No punto 5.2.5. expoñen unha análise dos diferentes clientes que poderías ter. Pon exemplos reais de institucións que ti coñezas na zona e que coincidan co apartado 1) Comedores e Cafeterías de. Nuestra zona
Exemplos de Comedores e Cafeterías da nosa zona son:
Residencia da Terceira Idade
Aspaber
Colexio Artai
Cafeterías públicas
Colexios públicos e institutos
O Pazo da Cultura.



20. ¿Que produtos podes ofrecer ao teu cliente?
A oferta básica de produtos de calquera empresa de cátering, con independencia do seu tamaño, componse dos seguintes produtos:
 Subministración de comida.
 Subministración de bebida.

Á hora de clasificar os menús, basicamente pódense dividir en tres grupos:
- Menús especiais para particulares: vodas, bautizos, comuñóns...
- Menús para actos de empresas: comidas de empresa, inauguracións, etc.
- Menús diarios para institucións: colexios, hospitais, residencias da terceira idade, etc.


21. ¿Como das a coñecer o teu negocio?
Entre as ferramentas promocionais máis habituais das empresas de cátering podemos citar os anuncios en directorios comerciais , imaxe corporativa en tarxetas, papelaría e vehículos.
Ademais destas formas de promoción de carácter formal, a maioría do empresariado entrevistado sinala o boca a boca como unha forma habitual de obtención de novos clientes. Así mesmo, empeza a ser frecuente o uso das novas tecnoloxías para realizar publicidade. A publicidade a través da Internet vaiche ofrecer unha serie de vantaxes que deberás considerar: o custo é moi baixo; a empresa que se anuncia na Internet transmite unha imaxe de modernidade; a Internet pode combinarse perfectamente con outros medios para reforzar o impacto publicitario (prensa, mailing, tarxetas, etc.).
Outra forma de promoción é nalgunha das feiras de hostalaría ou de alimentación celebradas en España, tanto para estar ao día en adiantos tecnolóxicos como en novas técnicas culinarias



22. Fai un detalle do diñeiro necesario para o negocio, indicando canto vai para cada partida.
PARTIDAS IMPORTE
Acondicionamento local: 28.200,00
Maquinaria e mobiliario: 26.708,00
Equipo informático: 1.500,00
Elementos de transporte: 18.000,00
Ferramentas e utensilios: 2.000,00
Stock inicial: 1.000,00
Gastos de constitución e posta en marcha: 1.900,00
TOTAL: 79.308,00



23. ¿Cales son as dúas partidas máis importantes dentro dos gastos?.
As dúas partidas máis importantes son:  o acondicionamento do local onde se vai desenvolver a actividade (alugar ou comprar) e a maquinaria e o mobiliario.


24. Financiamento. ¿De onde poderías sacar o diñeiro para o negocio?
Os cartos proceden principalmente, de achegas de capital propias e do
financiamento alleo. Segundo entrevistas realizadas, as empresas que conseguen algunha subvención teñen a seguinte repartición de fondos: capital propio 30%, préstamos 50% e subvencións o 20%.
Se tes acceso a algunha subvención, estas non se perciben no momento da solicitude, senón que o normal é que se demoren no tempo. Creditos bancarios, microcréditos e axudas familiares.



25. Posibles axudas que poderías pedir.
Tes múltiples e variadas posibilidades de obter axudas para a posta en marcha do teu negocio.
Consideramos que darlles traslado a este punto non tería moito sentido, xa que require espazo e tempo. Por iso, unha vez que teñas definido totalmente o teu plan de empresa, deberás analizar estas axudas, afondar nelas ou desbotar aquelas que non fosen útiles ás túas necesidades ou compatibles entre si.



26. O apartado 7.4 veñen algúns cursiños do Plan Fip (impartidos polo Inem e algúns sindicatos) relacionados con este negocio. ¿Cales son?.
HOTR20      COCIÑEIRO/A
HOTR30      XEFE/A DE COCIÑA
HOTR40      CAMAREIRO/A DE RESTAURANTE-BAR
INAR20        PROCESADOR/A DE CÁTERING
HOTR70       AXUDANTE/A DE COCIÑA

CÓDIGO NOME CURS+